A CEP organiza unha xornada sobre protección de datos
mércores, 23 de maio do 2007
O Departamento de Novas TecnoloxÃas da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) segue adiante coas súas actividades formativas vinculadas á Sociedade do Coñecemento no corporativo e no laboral. O vindeiro xoves 7 de xuño organiza a xornada GarantÃas de Internet e Protección de Datos, a partires das 17.00 horas, no Salón Galicia da sede da CEP en Vigo. Entre outras cuestións, trataranse temas como a normativa vixente no uso do comercio electrónico ou na publicidade vÃa Internet ou os principios básicos da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD). Para formalizar a inscrición podemos acceder á web da CEP e descargar o documento.