A COPE recuperará o control de Popular TV
luns, 19 de xullo do 2010
Un trimestre parece que será finalmente a duración da aventura de Popular María+Visión, canle que, segundo publica Religión Confidencial, volverá a chamarse Popular TV, de xeito que Burillo Azcárraga abandonará a canle televisiva que preside con só o 8% do capital.
Ao parecer, a Conferencia Episcopal recupera o control da súa canle de
televisión despois de que Burillo non cumprise co seu compromiso de facer unha canle xeneralista, á vez que emitía contidos que rachan coa liña pastoral da Igrexa española.