A Comisión Europea mantén o pulso a Apple para que cumpra coa DMA
mércores, 23 de abril do 2025
Tras un diálogo construtivo con Apple, a Comisión Europea decidiu pechar a investigación relacionada coas obrigas de liberdade de elección do usuario baixo a Lei de Mercados Dixitais (DMA). Esta investigación centrábase na posibilidade de que os usuarios da UE puidesen desinstalar facilmente calquera aplicación e cambiar os axustes predeterminados nos dispositivos iOS, asà como escoller o navegador web por defecto a través dunha pantalla de selección.
Como resultado do diálogo, Apple introduciu cambios significativos, entre os que destacan: A mellora da pantalla de selección do navegador, que simplifica o proceso para escoller un navegador predeterminado no iPhone; a creación dun menú centralizado para modificar os axustes predeterminados en chamadas, mensaxerÃa, filtros de chamadas, teclados, xestores de contrasinais e servizos de tradución; e a posibilidade de desinstalar aplicacións preinstaladas como Safari, o que antes non era factible.
Con todo, a Comisión tamén comunicou a Apple as súas conclusións preliminares respecto doutra investigación aberta o 24 de xuño de 2024, centrada na distribución alternativa de aplicacións en iOS. Segundo a DMA, Apple debe permitir que as aplicacións se distribúan fóra da App Store, incluÃda a posibilidade de instalar aplicacións directamente desde a web ou mediante tendas de terceiros.
Porén, a Comisión considera que Apple está incumprindo esta obriga debido á imposición dunha nova taxa chamada Core Technology Fee ás empresas que optan por distribuÃr aplicacións fóra da tenda oficial, á creación de requisitos de elixibilidade excesivamente estritos para os desenvolvedores e á dificultade e confusión xeradas para os usuarios finais no proceso de instalación de aplicacións mediante canles alternativas. A Comisión considera que estas medidas non son necesarias nin proporcionadas e Apple terá agora a oportunidade de exercer o seu dereito á defensa.