
De acordo coa dispoñibilidade orzamentaria existente, para os pilotos situados en Andalucía e Galicia, Red.es contribuirá cun oitenta por cento (80%) e para os situados en Cataluña, Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana, cun cincuenta por cento (50%).
Estes 32,07 millóns súmanse aos 109,5 millóns das convocatorias de Cidades e Illas Intelixentes e aos 74 millóns da convocatoria de Destinos Turísticos Intelixentes, o que supón un total de máis de 215 millóns de investimento por parte do Goberno central neste ámbito tecnolóxico.
O director xeral de Red.es, David Cierco Jiménez de Parga, subliñou que “o obxectivo que perseguimos co novo Plan Nacional de Territorios Intelixentes, evolución do Plan de Cidades Intelixentes, é duplo: por unha banda, apoiar ás entidades locais no seu proceso de transformación cara a cidades e destinos turísticos intelixentes, e pola outra, fomentar a consolidación dun sector tecnolóxico provedor de solucións Smart City, con capacidade de internacionalización”.
Os 8 proxectos piloto seleccionados pertencen aos concellos de Sevilla (4.999.974,10 euros), Málaga (4.961.000,00), L´Hospitalet de Llobregat (2.488.326,92), Terrassa (2.500.000,00), Móstoles (2.117.812,66), Valencia (5.000.000,00), Coruña (4.998.836,02) e Vigo (4.999.999,98).
A Coruña e Vigo, seleccionadas na convocatoria de edificios intelixentes de Red.es
Compartir Este Artigo

