A Deputación da Coruña lanza unha nova edición do concurso #140enpositivo
martes, 3 de marzo do 2026
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña abriu recentemente a XIV edición do seu certame anual de microrrelatos e mensaxes motivadoras baixo o lema Palabras de amor: #140enpositivo. Esta iniciativa procura convertese nun espazo de creatividade e entusiasmo, convidando a participar cunha reflexión que impulse o ánimo e a superación diaria.
Pode participar calquera persoa de máis de 14 anos, establecéndose dúas categorÃas diferenciadas por idades para separar ao público adolescente do adulto. O formato esixido mantén a esencia de brevidade caracterÃstica das redes sociais, permitindo textos cunha extensión máxima de 280 caracteres, incluÃdos os espazos. Os autores e autoras poden presentar as súas propostas tanto en galego coma en castelán, cun lÃmite de ata tres por participante.
O proceso de inscrición realizarase a través da páxina web da Biblioteca Provincial, onde as persoas interesadas deberán cubrir o formulario habilitado na sección de actividades e concursos. O prazo de admisión permanecerá aberto ata o 28 de marzo.
No que atinxe aos premios, a organización seleccionará un total de seis gañadores, tres por categorÃa. Os primeiros premios de cada categorÃa consistirán nun libro electrónico; os que queden en segundo lugar recibirán unha tarxeta regalo valorada en 75 euros para a compra de material bibliográfico; e os terceiros serán galardoados cun lote completo de produtos promocionais da biblioteca. Ademais deste cadro de honra, a deputación agasallará a todas as persoas participantes cun pequeno obsequio institucional que se poderá recoller na propia Biblioteca Provincial.
