Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo quere ser a primeira do Estado en elaborar uns orzamentos cen por cen participativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo quere ser a primeira do Estado en elaborar uns orzamentos cen por cen participativos

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/07/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_orzamentos.jpgCase con toda probabilidade a Deputación de Lugo é hoxe en día unha das administracións de todo o Estado que mellor entende os conceptos de eAdministración e participación cidadá na vida pública a través das novas tecnoloxías da información. Isto vén a conto por varios motivos, pero principalmente pola posta en marcha dunha iniciativa que se dirixe, directamente, a posibilitar a concorrencia da veciñanza nas decisións do organismo provincial. Cousas como por exemplo aprobar uns orzamentos. Por certo que os veciños dos 67 concellos da provincia xa poden facer isto precisamente -participar na elaboración dos orzamentos da Deputación dende Internet- a través dunha web cuxo nome fala por si só: orzamentosparticipativos.org.
A Deputación anunciou estes días que o seu obxectivo é que concorra a maior cantidade de lucenses maiores de 16 anos na elaboración dos presupostos para 2015. O labor colectivo canalízase xa través do devandito portal, operativo dende finais de xuño e aberto ás nosas achegas ata o 10 de setembro. Nel, os lucenses xa poden opinar “sobre cales deben ser, baixo o seu criterio, as prioridades de orzamento da Deputación”. Poden facelo dende xa, indica o organismo provincial, que engade que a participación dos veciños é independente da celebración das xuntanzas participativas nos nove partidos xudiciais (xuntanzas que xa se celebraron en Fonsagrada, Viveiro e Chantada). Ou sexa, que as opinións pódense verquer nas xuntanzas participativas pero tamén (sen seren excluentes) no devandito portal, e mesmo nas redes sociais.
En base ao manifestado polos cidadáns, unha comisión técnica da Deputación será a encargada de realizar un informe sobre viabilidade, deseñar os plans de actuación, determinar a dispoñibilidade orzamentaria ou estudar as colaboracións con outras administracións. Posteriormente, comunicarase a todos os participantes as conclusións finais cos plans de actuación por áreas. “Todo isto”, sinala a organismo provincial, “para que o 1 de xaneiro entre en vigor o orzamento de 2015, o primeiro participativo dunha Deputación en España”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?