A Deputación de Pontevedra solicita axudas comunitarias para un proxecto de Internet sen fíos

martes, 12 de febreiro do 2008

A Deputación de Pontevedra presentará 17 proxectos ás Axudas FEDER, valorados en 126.697.825 euros, nos que participan 55 concellos da provincia sen contar coa adhesión de Vigo, Pontevedra, A Estrada, Marín, Redondela e Vilagarcía de Arousa.
De concederse os proxectos, as Axudas FEDER suporán 87,6 millóns de euros, as da Deputación 26,3 e as dos concellos, 12,6 millóns de euros, destacando entre os mesmos un plan de WiMAX rural na provincia de Pontevedra valorado en 8.712.007 euros e que procuraría dar conexións sen fíos á Rede a zonas sen cobertura de ADSL.

PUBLICIDADE