A Epic Games Store chegará ao iPhone pese aos atrancos postos por Apple
venres, 5 de xullo do 2024
A Lei de Mercados Dixitais abriu a porta a que Epic Games puidese devolver Fortnite ao iPhone, aproveitando a ocasión para preparar unha tenda de aplicacións de seu nos móbiles da compañÃa da mazá, pero dende Apple non parecen estar moi pola labor de cumprir coa lexislación europea (o que poderÃa traducirse noutra importante sanción) de aà que Epic optase pola transparencia para exercer presión, para volver a estar presente nos iPhone.
O pasado dÃa 29 de xuño anunciaron que enviaran a Apple as aplicacións da Epic Games Store e de Fortnite, para sometelas ao proceso de notarización, e que asà puidesen funcionar nos dispositivos de Apple, pero este procedemento que deberÃa ser un mero trámite, topou coa burocracia da compañÃa de Cupertino, e con esixencias arbitrarias. Epic Games asegurou que Apple rexeitou as súas aplicacións xa en dúas ocasións, argumentando cousas como que os botóns das mesmas eran demasiado semellantes aos da tenda de aplicacións de Apple, queixa bastante ridÃcula, xa que claramente Epic ten que utilizar a mesma linguaxe que utilizan todas as tendas de aplicacións para o móbil. Amais, enténdese que o proceso de notarización está para vixiar a seguridade das aplicacións, non para que Apple impoña condicións (pois precisamente este proceso busca ser unha alternativa á App Store, non unha réplica).
Ao facer pública esta obstrución por parte de Apple e comunicarllo á Comisión Europea, parece quedar clara a pouca vontade da empresa dirixida por Tim Cook de respectar a lexislación, amosando unha vez máis que están a facer todo o posible para obstaculizar a competencia.
Dá a impresión de que ao facerse público este comportamento desleal por parte de Apple, a compañÃa non tivo outro remedio que rectificar, e finalmente a anterior versión da Epic Games Store que fora rexeitada, foi aceptada por Apple. Deste xeito Epic poderá lanzar a súa tenda de aplicacións para móbiles antes de dous meses, tal e como tiña previsto.
ACTUALIZACIÓN: O director xeral de Epic, Tim Sweeney, comenta que Apple está asegurando á prensa que a aprobación da Epic Games Store é provisoria, pois continuarán a pedir o cambio dos botóns de compra nas seguintes versións da aplicación, o que dende Epic consideran que se afastarÃa do estándar e farÃa a aplicación máis difÃcil de usar, polo que oporanse ás demandas de Apple.
