A FAPE renovará a súa web para convertela nunha plataforma para xornalistas blogueiros

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe da nova web da FAPE

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) presentou onte a nova web que baixo o dominio periodistasfape.es ofrecerá ós preto de 15.000 xornalistas asociados a posibilidade de crear os seus propios mediablogs con texto, audio, vídeo, fotografías e a posibilidade de locución, así como de dispor da súa propia biblioteca dixital e compartila cos usuarios. Os contidos alí publicados poderanse licenciar baixo 6 modalidades creative commons.
O novo espazo foi desenvolvido por maat Gknoledge e tivo un custo duns 500.000 euros, contando para tal coa subvención da Unión Europea e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Programa ARTE/PYME II.
A plataforma de servizos integrados deseñada para xornalistas estará dispoñible dende o vindeiro día 28 e conformará o novo portal da Asociación na que se engloban máis de 50 asociacións de periodistas. A nova web tamén contará cunha tenda virtual.