A FTC aproba a compra de DoubleClick por parte de Google
venres, 21 de decembro do 2007
A Comisión Federal de Comercio dos Estados Unidos autorizou
onte a adquisición por parte de Google da empresa de publicidade en liña
DoubleClick por 3.100 millóns de dólares, considerándose que a operación
non suporÃa problemas de competencia.
Esta operación tamén foi aprobada polas autoridades australianas, polo que só
falta a aprobación por parte da Comisión Europea para que finalice a operación
de compra.