A Federación Galega de Enfermidades Raras contará con innovación tecnolóxica do CITIC
xoves, 10 de setembro do 2020
Representantes
do Centro
de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) reunÃronse
este martes 8 de setembro con membros da Federación Galega de
Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) co obxectivo de
establecer as condicións para un convenio marco de colaboración
entre ambas as entidades e con vistas a impulsar a dixitalización
dos traballos levados a cabo pola federación e os seus servizos de
atención a usuarios.
Na
reunión presentáronse as capacidades e ámbitos de actuación de
ambas as entidades. Estiveron presentes, por parte do CITIC, o
director, Manuel F. González Penedo; o subdirector, Javier Pereira;
o responsábel de Transferencia Tecnolóxica e Innovación, Manuel
Bustabad; e a investigadora da área de Intelixencia Artificial,
Thais Pousada. Por parte da FEGEREC asistiron a directora
sociosanitaria, Carmen López; a traballadora social, Patricia
RodrÃguez; e a responsábel da área de Comunicación Externa e
Deseño, Lida Sánchez.
Esta
acción enmárcase no obxectivo do CITIC de fomentar a transferencia
tecnolóxica á sociedade e de potenciar o uso do TIC por todos os
colectivos da sociedade atendendo á súa diversidade.