A NBC deixa de vender os seus contidos en iTunes
luns, 3 de setembro do 2007
A
NBC non renovou o seu contrato de contidos (programas e series de televisión) para
a súa descarga na tenda iTunes de Apple ó non poder pechar un acordo sobre
o prezo de venda dos mesmos.
A NBC era o principal provedor de vídeo para a tenda virtual de Apple, con
preto do 40% das descargas, polo que esta decisión supón unha importante perda
para o catálogo de iTunes, que tampouco logrou pechar un acordo a longo prazo
con Universal Music Group (que ó igual que a NBC, tamén pertence ó grupo francés
Vivendi).