A OlimpÃada Informática Galega celébrase este venres con dezasete estudantes de nove localidades
xoves, 10 de marzo do 2022
O
Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia
(CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UDC, USC e
UVigo) e do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información
e a Comunicación (CITIC), organiza este venres 11 de marzo a
OlimpÃada Informática Galega 2022 (OIG 2022). Trátase dun evento
presencial que se desenvolve de maneira simultánea en tres sedes: A
Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de Informática da UDC, Escola
Superior de EnxeñarÃa en Informática da UVigo e a Escola Técnica
Superior de EnxeñarÃa da USC).
A
proba será en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, aÃnda que
os participantes deberán estar na sede escollida ás 16:00 horas. A
axenda do certame é a seguinte:
-16:00
h_ Recepción de estudantes en cada sede e acceso ás aulas.
-16:15
h_ Benvida telemática por parte do comité organizador, co
presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a vicepresidenta do CPEIG,
Susana Ladra; e o responsable da Olimpiada Informática Española,
Marco Antonio Gómez MartÃn; e presentación da OlimpÃada.
-16:45
h_ Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de
desenvolvemento da proba.
-17:00
h_ Inicio da proba.
-20:00
h_ Fin da proba.
-20:15
h_ Conexión telemática entre as sedes para coñecer a resolución
do xurado e acto de clausura que estará presidido pola
vicepresidenta do CPEIG, Susana Ladra.
O
CPEIG lembra que na competición inscribÃronse un total de 17
estudantes (13 rapaces e 4 rapazas) de Secundaria (ESO), Bacharelato
e Formación Profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes
das cidades da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, pero tamén hai
participantes de localidades como A Estrada, Culleredo, Noia, O Barco
de Valdeorras e O Porriño. Os estudantes proceden de 11 centros da
comunidade galega.
A
fase internacional celebrarase en Indonesia o vindeiro mes de agosto
O
CPEIG explica que o certame galego consta de seis problemas que se
deberán realizar nun prazo de tres horas. Cada problema deberá
resolverse mediante unha linguaxe de programación que permita
automatizar a súa resolución. PermÃtese o uso de C++, Python ou
Java. Cada problema describirá un escenario no que se pretende que
un programa informático axude dalgunha maneira. Os problemas da
olimpÃada céntranse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.
Os
dous primeiros postos na clasificación da OIG 2022 accederán de
xeito directo á fase nacional da XXVI OlimpÃada Informática
Española (OIE), que se celebrará os dÃas 2 e 3 de abril en Madrid.
De aÃ, os gañadores poderán acceder á 34ª OlimpÃada
Internacional de Informática, que se celebrará do 7 ao 14 de agosto
de 2022 en Indonesia.
A
OIG 2022 está patrocinada por diversas entidades e empresas do
sector TIC: Abanca, Apser, Atos, AWS, BahÃa Software, Clúster TIC
Galicia, Councilbox, Duacode, DXC Technology, Extreme Networks,
Google Cloud, Grupo Tesalia–Emetel, Minsait (Indra), NetApp, Plexus
e Sixtema. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios
adicionais para os seguintes postos na clasificación, ademais de
para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da
ESO. Con posterioridade ao 11 de marzo, celebrarase un acto de
entrega de premios.