A OlimpÃada Informática Galega contará coa participación de 33 estudantes dunha ducia de concellos
xoves, 29 de xaneiro do 2026
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, UDC; Universidade de Santiago, USC; e Universidade de Vigo, UVigo), celebrará a OlimpÃada Informática Galega 2026 (OIG 2026) o vindeiro venres, 6 de febreiro.
A olimpÃada celebrarase de xeito presencial na Facultade de Informática da Coruña da UDC, en horario de 15:30 a 20:30 horas, coa colaboración da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC e da Escola Superior de EnxeñarÃa Informática da UVigo.
A organización da OIG pechou a inscrición do certame con 33 participantes de dez centros escolares diferentes de Galicia. A axenda da xornada será a seguinte:
15:30 horas_ Recepción dos estudantes e acceso ás aulas.
16:00 horas_ Benvida por parte do comité organizador e presentación da OlimpÃada.
16:45 horas_ Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.
17:00 horas_ Inicio da proba.
20:00 horas_ Fin da proba
20:15 horas_ Acto de clausura, incluÃndo a resolución do xurado
InscribÃronse estudantes de entre 13 e 18 anos, naturais da Coruña (2 participantes), Sada (1), Oleiros (2), Ferrol (1), Santiago de Compostela (15), Ames (4), Teo (2), Rianxo (1), VilagarcÃa de Arousa (1), MarÃn (1), O Porriño (1), Redondela (1) e O Barco de Valdeorras (1).
A competición consistirá na resolución de entre seis ou oito problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permÃtese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.
A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXX OlimpÃada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de EnxeñarÃa en Informática da Universidade de Valladolid. De aÃ, os gañadores poderán acceder á OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.
A olimpÃada está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Centro de Investigación de TecnoloxÃas da Información e da Comunicación (CITIC), Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, Emetel, Gadisa, Hijos de Rivera, Indra Group, NTT Data, PuntoGal. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, ademais de para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO.
