A PS2 integrará na consola o seu adaptador de corrente

venres, 4 de xullo do 2008

O Economic Times da India asegura que durante este ano Europa vai contar cunha nova versión (a 4ª) da PlayStation 2 de Sony que conservaría o prezo anterior pero destacaría especialmente por librarse do transformador externo (que pasaría a estar integrado na propia consola sen incrementar o seu tamaño).
A nova tampouco resulta moi reveladora, xa que tal modelo de consola xa se vende dende hai meses no Xapón, pero resulta gratificante saber que Sony non esqueceu a súa PS2 e se molestará en traer o novo modelo a Europa.

PUBLICIDADE