A Polo Ghit chega á súa 5ª edición
luns, 12 de abril do 2010
En xullo de 2006 tivo lugar a primeira edición do concurso musical A
Polo Ghit, e agora dende Vieiros anuncian a convocatoria da competición de 2010, coa que cúmprese un lustro de éxitos nesta iniciativa dinamizadora que neste tempo sumou 230 pezas recibidas.
A Polo Ghit 2010 bota a andar na Internet, canle que continúa a utilizar para a promoción e a divulgación do talento dos músicos galegos, que con imaxinación e humor poderán continuar a presentar as súas obras, remitÃndoas por correo electrónico.