A Sexta retransmitirá por Internet o partido de fútbol entre as seleccións de España e Georgia
martes, 5 de xuño do 2007
Mañá mércores 6 de xuño ás 18:00 horas, a selección española de fútbol “sub 21” xogarase contra Georgia o pase para o Campionato Europeo de Suecia do 2009; este enfrontamento, que esperta moita emoción entre os afeccionados a este deporte de masas, será retransmitido pola Sexta (ademais de pola pequena pantalla) a través de Internet, vía Terra, conexión á que teñen acceso máis de sete millóns de usuarios únicos.
Este España-Georgia é a quinta acción destas características levada a cabo pola cadea, que deste xeito, amplía a oferta de vídeos do operador nacional.