A TDT de pago non chegará a curto prazo

martes, 2 de setembro do 2008

Durante un curso de verán en Santander, Miguel Sebastián asegurou que «aínda é cedo» para que o Goberno regule os servizos de pago na Televisión Dixital Terrestre, pois considera preciso chegar a un consenso previo entre as empresas do sector, o que agardan que chegue durante 2009, polo que as intencións de certos grupos de comunicación para comercializar fútbol de pago a través da TDT deberán agardar a un mellor momento (pese a que argumentan que esta vía é imprescindible para evitar unha crise no sector audiovisual).

PUBLICIDADE