A TVG terá segunda canle dixital a mediados de 2008

luns, 3 de decembro do 2007

Dentro do Foro da Academia Galega do Audiovisual que remata hoxe en Compostela, o director da TVG, Suso Iglesias, asegurou que están a desenvolver progresivamente os proxectos que darán lugar a unha segunda canle autonómica con contidos infantís, xuvenís e culturais que comezaría a emitir a mediados de 2008; unha terceira canle informativa para 2009 e unha cuarta canle aínda non definida.
Por outra banda, a Secretaría de Comunicación tamén está a preparar o novo modelo para a CRTVG, atendendo ós compromisos adquiridos polo Goberno autonómico, de xeito que quedaría pendente para a vindeira lexislatura.

PUBLICIDADE