Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole cederá o seu espazo de coworking aos gañadores da Starup Pirates Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole cederá o seu espazo de coworking aos gañadores da Starup Pirates Galicia

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking_tecnopole_detalle.jpgComo lembraremos, o certame Startup Pirates Galicia, adaptación á nosa terra e ás características das nosas empresas do espírito de aprendizaxe e innovación dos eventos internacionais Startup Pirates, vaise desenvolver do 3 ao 10 de maio en Ourense. A edición ourensá celebrarase ao longo de oito xornadas de actividades dirixidas a todos aqueles que queiran embarcarse na aventura de seren emprendedores, facéndose fincapé na cuestión do emprendemento social, ou sexa, nas metodoloxías para fomentar a creación de empresas que xeren negocio, benestar, igualdade e desenvolvemento para todas e todos. Pois ben, segundo puidemos saber, os gañadores contarán con espazo de traballo compartido gratuíto nas proximidades da mesma cidade de Ourense. Máis polo miúdo na Tecnópole, que cederá de balde a súa sala de coworking para tal efecto.
Deste xeito, os vencedores da edición galega do dito programa internacional Startup Pirates terán un espazo privilexiado para dar corpo e impulso ás súas iniciativas tecnolóxico-sociais. Segundo explica a Tecnópole a raíz da presentación os días pasados do certame no propio complexo empresarial de San Cibrao das Viñas (Ourense), “amais de participar na formación e o xurado do programa, o Parque Tecnolóxico de Galicia premiará aos gañadores con este espazo durante tres meses e medio para o desenvolvemento das súas ideas de negocio”.
Como dixemos xa en Código Cero, StartUp Pirates ten o obxectivo de axudar a potenciais emprendedores a desenvolver ideas de negocio nunha semana. Trátase dunha iniciativa internacional que conta con 3 anos de traxectoria noutros países do mundo. En Ourense celébrase por vez primeira, collendo corpo na semana que vai do 3 ao 10 de maio en “sesións intensivas para os emprendedores”, en grupos de entre 20 e 25, e máis os colaboradores que os asesorarán para impulsar o aceleramento de cadansúa iniciativa de negocio.
A Confederación de Empresarios de Ourense, socia estratéxica da implantación na cidade do certame, achegará bolsas a 10 dos participantes e colaborará en todo o proceso de formación. Ademais da Tecnópole e a CEO, tamén cooperan no seu desenvolvemento outras entidades como a Universidade de Vigo. Tamén acudiron á presentación do evento Patricia Díaz, María Regueira e Mónica Mura, as responsables do programa en Galicia, que amosaron en detalle a metodoloxía das sesións, “que se desenvolven formando equipo e potenciando as habilidades comunicativas”, e expuxeron as cotas de participación e os premios que ao final do programa reciben tanto os participantes como o proxecto gañador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?