A UDC consegue do Goberno máis de 3,5 millóns de financiamento para 35 proxectos de investigación

venres, 4 de setembro do 2020 S. P.

Un total de 35 proxectos de investigación da Universidade da Coruña, moitos deles encadrados nas TIC e no traballo do CITIC (aprendizaxe automática, ciberseguridade, Intelixencia Artificial, novas ferramentas ao servizo das humanidades, procesamento de sinal, computación de alto rendemento, Big Data), veñen de obter financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación por un importe global de 3.642.584 euros para desenvolver os seus estudos nos vindeiros anos.
Na categoría de Xeración de coñecemento, sen orientación temática establecida, a UDC obtivo apoio para 15 proxectos; mentres que a modalidade Retos investigación, orientada á resolución de problemas ligados a oito grandes desafíos da sociedade incluídos no Plan Estatal, financiará 20 iniciativas. Trátase, segundo explica a UDC, da meirande subvención en proxectos competitivos acadada pola institución.
En concreto foi quen de aumentar en preto de 1,5 millóns de euros o financiamento conseguido na convocatoria de 2018, a anterior a esta, e duplicando a subvención acadada no ano 2015. Ademais, coas axudas desta edición serán financiados nove novos contratos de pre-doutoramento e dous contratos de novos investigadores para postdoutoramento. “É un fito que recoñece o excelente labor que están a desenvolver os nosos investigadores e grupos de investigación, co apoio tamén dos centros” salientou o vicerreitor Salvador Naya.
Investigadores e proxectos financiados na categoría Xeración de coñecemento:
· Amparo Alonso Betanzos: Aprendizaxe Automática Escalable e Explicable
· Margarita Alonso Ramos: Estudo das combinacións léxicas nun corpus académico de noveles para unha Ferramenta de Axuda á Redacción de Textos Académicos
· Alberto Arufe Varela: As relacións laborais e de seguridade social do persoal ao servizo de organizacións internacionais, rexionais e mundiais. Unha perspectiva de dereito comparado
· José María Cardesín Díaz: Violencia colectiva e protesta popular nas cidades españolas: a guerra da independencia
· Víctor Manuel Carneiro Díaz: Detección temperá de intrusións e anomalías en redes definidas por software
· José Manuel Estévez Saa: Estética, ética e estratexias das novas cartografías migratorias e identidades transculturais nas literaturas en lingua inglesa do século XXI (2007-2019)
· José Ángel Jurado Albarracín: Optimización de forma e análise de seguridade computacional e aeroestrutural de taboleiros de pontes de cables de gran van considerando múltiples fenómenos aeroelásticos
· Isabel Moskowich-Spiegel Fandiño: Etiquetado electrónico de textos científico-técnicos en lingua inglesa entre os séculos XVIII e XX (5): Coruña Corpus
· Eduardo Mosqueira Rey: Análise de estratexias para incorporar humanos ao proceso de aprendizaxe automático e a súa aplicación á investigación do cancro pancreático
· Carlos Peinados Veira: Desenvolvemento de novos ciclofanos autoensamblados e a súa implementación en estructuras nanométricas
· Nieves Pena Sueiro: Biblioteca Dixital Século de Ouro 6
· Carlos Platas Iglesias: Plataformas Innovadoras para Aplicacións Radiofarmacéuticas
· María Dolores Sánchez Palomino: Dicionario histórico e etimolóxico da lingua galega (I): preparación de recursos, deseño e test inicial
· Pedro Serna Bermúdez: Os novos dereitos humanos: teoría xurídica e praxe política
· Begoña Simal González: Literatura e globalización: comunidades de refugallo
Investigadores e proxectos financiados na categoría Retos investigación:
· Laura Castro Santos: Deseño dunha ferramenta para a selección de localizacións e tecnoloxías de enerxías renovables mariñas: aplicación a augas territoriais españolas
· Mónica Belén Fernández Suárez: Integración e retorno da “nova emigración española”: unha análise comparada das comunidades de españois no Reino Unido e Francia
· Elvira Santiago Gómez: Mitigar o risco en sociedades resilientes. A incorporación do coñecemento baseado na experiencia na prevención, xestión e recuperación de desastres ambientais
· Roberto Bao Casal: Impactos Climáticos da Era Común sobre os Ecosistemas Acuáticos do NW de España
· Luís Castedo Ribas: Avances en codificación e procesado de sinal para a sociedade dixital
· Jacobo Díaz García: Optimización probabilista fronte a impacto e tolerante a danos de estruturas de fuselaxe de nova xeración
· Francisco Javier Estévez Cimadevila: Forxados alveolares mixtos madeira-formigón de altas prestacións para unha construción sustentable e ecoeficiente
· Manuel Jesús González Castro: Simulación da interacción fluído-estrutura en redes de pesca
· Manuel Francisco González Penedo: Cuantificación e caracterización computacional de imaxe multimodal oftalmolóxica: Estudos en esclerose múltiple
· Juan Carlos Maixé Altés: Diñeiro en transformación: actores, procesos e consecuencias sociais da innovación financeira
· Andrés Martínez Lage: Estudo comparativo de estratexias reprodutivas de crustáceos de interese comercial: avances para a sustentabilidade pesqueira e a resiliencia dos stocks explotados
· Soledad Muniategui Lorenzo: Caracterización Química de Polímeros Reciclables e Biopolímeros e os seus aditivos ( CHEMPLAS)
· Thais Pousada García: Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio
· Miguel Ángel Rodríguez Luaces: Visualización e exploración baseada en fluxos e analítica de Big Data espacial
· Ana María Rodríguez Pasandín: Emprego de biopolímeros procedentes de refugallos da industria madeireira para a fabricación de mesturas bituminosas sustentables
· Francisco Javier Samper Calvete: Modelos de transporte de masa e interaccións xeoquímicas en interfaces heteroxéneas, irregulares e múltiples en medios porosos e fracturados con gradientes hidráulicos
· Juan Touriño Domínguez: Desafíos Actuais en HPC: Arquitecturas, Software e Aplicacións
· Carlos Vázquez Cendón: Métodos matemáticos e computacionais para novos retos en finanzas cuantitativas, medioambiente, biotecnoloxía e enxeñería
· José Luis Pardo Vázquez: Alimentación e funcionamento cognitivo: tomamos peores decisións por dispoñer de demasiada comida, demasiado fácil de conseguir?
· Aurora Rodríguez Rodríguez: Axentes de contraste para IRM baseados en Ferro(III) para a Detección de Cancro de Mama

PUBLICIDADE