A UE apoia os argumentos de Todoscontraelcanon.es
venres, 7 de setembro do 2007
A plataforma Todoscontraelcanon.es recibiu unha carta da
Comisión Europea na que se recoñece a inxustiza de gravar cun canon equipos e
soportes que se poden empregar para gardar contidos libres de dereitos, ou
sexa, que se penaliza a tódolos usuarios por unha actividade minoritaria.
A Comisión indicou tamén a súa intención de tomar unha iniciativa europea que
regule a materia, unha directiva global transversal aplicable a tódolos Estados
Membros.