Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo anunciou a vindeira construción do seu cuarto satélite: o G-Sat
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo anunciou a vindeira construción do seu cuarto satélite: o G-Sat

Redacción
Publicado: 27/01/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_corea_satelite.jpgEste mes de xaneiro deuse a coñecer dende Vigo a ascensión dun novo chanzo no seu proceso de afianzamento como cidade referencia no eido aeroespacial, proceso xa moi consolidado logo das experiencias xeradas pola Universidade (XaTcobeo e Humsat, e máis Femtosat) ou o pulo do Consorcio da Zona Franca para fortalecer e impulsar tecido empresarial ligado á industria do Espazo. Pois ben, a suba do novo chanzo veu da man unha vez máis da Uvigo, que asinou unha alianza coa Kyungpook National University de Corea para a futura construción de G-Sat, un satélite de finalidade comercial de 50 quilogramos de peso que se empregará, entre outros eidos, na prevención de incendios forestais e no control das mareas vermellas.
O acordo foi formalizado polo reitor vigués, Salustiano Mato, e o seu homólogo da dita institución académica coreana, In-Suk Hamm. O convenio abrirá a porta ao intercambio de estudantes e investigadores e á posta en marcha de diferentes proxectos de colaboración centrados en boa medida en cuestións de enxeñaría aeroespacial, biblioteconomía e enfermaría. Salustiano Mato tirou proveito da visita da delegación coreana para lembrar que “Vigo é a única Universidade europea que ten dous satélites no espazo, cousa que se pode definir coma un milagre, xa que o estamos a facer con recursos moi limitados e sen apoio institucional”. Precisamente cara a busca de financiamentos é cara a onde se dirixe un acordo como o asinado coa universidade coreana, que permitirá, xunto con outros de semellante índole, unir forzas na procura de apoios orzamentarios extra.
Como dixemos, o acordo permitirá tamén o intercambio de alumnos, investigadores e persoal de administración e servizos. “Trátase de intercambiar experiencias, tecnoloxía e coñecementos para conseguir un mellor nivel e crear máis espazos de oportunidade”, apuntou o reitor, que agradeceu ao reitor coreano o seu convite para “asistir no vindeiro mes de maio en Corea á celebración do aniversario desta universidade”. Pola súa parte, o reitor asiático, presidente tamén do Consello Coreano de Educación Universitaria, destacou a importancia que as tecnoloxías da información teñen para ambos países e tamén para as dúas universidades, a galega e a coreana, “agora irmandadas”.
Segundo engade a Universidade de Vigo, In Suk Hamm asistiu á nosa terra acompañado por responsables de varios servizos da súa Universidade e por dous destacados empresarios do seu país e ex-alumnos de Kyungpook: Ok Youle Kim, presidente da empresa Hwashin dedicada a subministros para a automoción, e Duk Rok Lee, responsable de Seobo Energy, unha empresa especializada en estruturas, paneis e enerxías renovables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?