A UVigo segue apostando por atlanTTic, CINBIO e CIM coa sinatura dun contrato programa
mércores, 4 de outubro do 2023
Este luns, 2 de outubro, anunciaban dende a Universidade
de Vigo (Uvigo) a vontade de seguir a potenciar o apoio
aos seus tres centros de investigación recoñecidos pola Xunta de
Galicia como centros singulares, estamos a falar do Centro de
Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic,
centrado en servizos dixitais, ciberseguridade e telecomunicacións;
o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO;
e o Centro de Investigación Mariña, CIM.
A dita axuda tradúcese nunha sinatura de contratos programa que,
amais de asegurar un financiamento basal, achégalles a estes centros
unha porcentaxe de retorno dos custos indirectos, co obxectivo de
manter e elevar o seu nivel de excelencia.
Informar que a sinatura destes Contratos Programa tivo lugar este
luns 2 de outubro no despacho do reitor, Manuel Reigosa, e contou coa
participación dos responsábeis destes tres centros: Martín Llamas,
de atlanTTic; Miguel Ángel Correa, do CINBIO e Daniel Rey, do CIM.
A Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de
Galicia (CIGUS) está integrada por oito centros de investigación
universitaria considerados punteiros: CiQUS, CiMUS, CiTIUS e Igfae,
da Universidade de Santiago de Compostela; atlanTTic, CINBIO e CIM,
da de Vigo (UVigo); e CiTIC da Universidade de A Coruña (UDC).