A Universidade de Pilsen e a Armada visitan o CITIC para explorar sinerxías tecnolóxicas
venres, 18 de xullo do 2025
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu esta semana dúas visitas que reforzan a súa proxección nacional e internacional.
A primeira foi o mércores 16 de xullo, cando dous representantes da Universidade de Pilsen (República Checa) puideron coñecer o centro no Campus de Elviña para coñecer de preto as súas infraestruturas e liñas de investigación. Esta visita enmárcase dentro da colaboración internacional promovida pola UDC no eido das tecnoloxías dixitais.
A segunda visita celebrouse este o venres 18 de xullo, cando un grupo de profesores da Escola de Especialidades da Armada “Antonio de Escaño” de Ferrol acudiu ao CITIC para coñecer de primeira man as súas instalacións.
Durante ambas xornadas, os visitantes realizaron un percorrido polas distintas áreas de traballo, con demostracións de proxectos activos.
“Estas accións consolidan o papel do CITIC como polo de innovación tecnolóxica de referencia, favorecendo a transferencia de coñecemento e a colaboración con entidades tanto nacionais como internacionais”, informou a dirección do centro.
