A Xbox 360 esgotouse no Xapón
mércores, 20 de agosto do 2008
Que as vendas de Tales of Vesperia levase a que a Xbox 360 superase en vendas
á PlayStation 3 no Xapón foi unha nova rechamante, pero que as
vendas da consola de Microsoft medrasen tanto que levasen a que se
esgotase en todo o Imperio do Sol Nacente é toda unha sorpresa que levou
a Microsoft a desculparse, advertindo que non chegarán novas
unidades ata o mes de setembro, xa que os provedores non son capaces de
reabastecer ás tendas en breve.
Microsoft procurará acelerar a chegada do modelo estándar da Xbox 360 en
setembro, tralo que enviaran tamén os modelos Elite e Arcade.