A Xbox 360 podería saír en 2010 co Proxecto Natal incorporado de serie
xoves, 30 de xullo do 2009
Aínda que o Proxecto
Natal será un complemento para a Xbox 360, as últimas informacións parecen
confirmar que Microsoft lanzará a finais de 2010 unha nova versión da Xbox 360
(non unha nova consola) que incluiría unha nova placa base (para evitar os
problemas das luces vermellas e o
erro E74) e o accesorio de Natal e respondería
ao nome de Xbox 360+, segundo referencias agora eliminadas na web do
programador Ryan Geiss.
Tamén parece descartado que a Xbox 360 incorpore unidade de Blu-ray no futuro.
