A Xbox 360 supera os 6 millóns de unidades en Europa

martes, 23 de setembro do 2008

A rebaixa de prezo da Xbox 360 o pasado venres xa se fixo notar nas vendas da consola de Microsoft, que vén de superar a barreira dos 6 millóns de unidades en Europa, tomando unha posición moi boa de cara á campaña de Nadal, cando se agarda que a Xbox 360 viva un dos seus mellores momentos, pois contará cunha interface gráfica renovada e co prezo máis competitivo do mercado.
Dende Microsoft xa anuncian que esta semana emprenderán unha nova campaña publicitaria en Europa, para amosar ao público cómo a súa consola cambia a experiencia do lecer.

PUBLICIDADE