A Xunta ampliará a Rede CeMIT
luns, 22 de decembro do 2025
A Xunta de Galicia pretende ampliar o alcance da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) coa incorporación de novas aulas, abrindo asà a posibilidade de adhesión a máis concellos. Para facilitar este proceso, a Administración autonómica reforzará a colaboración coa FEGAMP mediante a prórroga dun convenio que foi analizado este mércores polo Consello da Xunta e que se prevé asinar nos vindeiros dÃas.
Na actualidade, a Rede CeMIT está integrada por 93 aulas repartidas en 90 concellos, que desenvolven un papel clave na formación e na capacitación dixital da cidadanÃa galega. Os municipios interesados en sumarse deben dispoñer dun espazo fÃsico destinado á aula e contar cunha persoa encargada da súa xestión e dinamización. Pola súa banda, a Xunta, a través da AMTEGA, asume a dotación do equipamento tecnolóxico necesario e o deseño e subministración dunha parte dos contidos formativos.
A Administración autonómica destina máis dun millón de euros anuais ao mantemento das aulas, ás que proporciona infraestrutura tecnolóxica, un plan de formación e, no caso das aulas de referencia (as que superan determinados limiares de horas de formación ou titorización), tamén apoio mediante subvencións.
As aulas da Rede CeMIT ofrecen principalmente formación en alfabetización e capacitación dixital, con cursos centrados no uso seguro de internet, no manexo de dispositivos móbiles, na administración electrónica ou na banca dixital. Xunto a esta oferta básica, tamén se imparten actividades máis especializadas, como impresión 3D, pilotaxe de drons, programación e robótica, experiencias inmersivas con realidade virtual, xestión da identidade e da pegada dixital nas redes sociais ou o uso de ferramentas baseadas na intelixencia artificial.
Ademais da vertente formativa, estes espazos funcionan como puntos de apoio tecnolóxico para a cidadanÃa, resolvendo dúbidas e consultas de carácter dixital. Tamén acollen iniciativas complementarias en colaboración con outras entidades, como obradoiros para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade (con especial atención á participación das nenas), actividades dixitais interxeracionais ou accións especÃficas en control paterno e banca dixital dirixidas ás persoas maiores.
A programación está aberta a usuarios de todas as idades. O perfil máis habitual corresponde a mulleres de entre 45 e 55 anos, aÃnda que o número de persoas maiores de 65 anos medrou de forma notable nos últimos anos, ata superar as 19.000 rexistradas. A Rede CeMIT é tamén un espazo de referencia para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDiX): en 2024 celebrouse a súa primeira convocatoria, con preto dun milleiro de participantes, e no que vai de ano máis de 3.200 persoas concorreron ás catro convocatorias realizadas.
