A Xunta aprobou o decreto que regula a receita electrónica
xoves, 28 de agosto do 2008
O Consello da Xunta aprobou
este xoves o decreto que regula a introdución da receita electrónica no servizo
público de saúde para mellorar a calidade asistencial e reducir o
número de consultas para a renovación das prescricións.
Galicia sería así a terceira comunidade autónoma de España en contar cun
decreto regulador da receita electrónica antes de que exista unha normativa
estatal ao respecto. Os primeiros concellos en contar con esta tecnoloxía, de
xeito experimental a partir de setembro, serán Miño e Salceda de Caselas.