A Xunta promove a creación dun xogo infantil para educar na igualdade de xénero
luns, 20 de agosto do 2007
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia (a través das secretarías xerais de Igualdade e Benestar) iniciou os trámites de selección da empresa que materializará o proxecto de creación dun videoxogo orientado a escolares de entre 6 e 10 anos que permitirá ós seus usuarios afrontar situacións “próximas á súa realidade cotiá” e superar probas didácticas “que lles fagan ver que a representación dos nenos e nenas en distintos papeis é algo completamente normal”, ou sexa, para axudar a “eliminar estereotipos e comportamentos tendentes a xerar discriminacións de xénero”.
A empresa adxudicataria deberá entregar 15.000 copias en CD-ROM do xogo elaborado e cobrará un máximo de 160.000 euros, tendo que entregar o produto nun prazo máximo de 4 meses.