A aplicación móbil galega Imos? destaca en vendas na App Store
xoves, 11 de outubro do 2012
- Imos? figura actualmente no posto 6 das aplicacións de pagamento na App Store
No verán o estudo de desenvolvemento de aplicacións móbiles GalApps estreou a
apliación Imos? para iPhone e iPod
Touch, estreándose no modelo de negocio do pagamento (pois as súas
anteriores aplicacións eran de balde, e esta guÃa da gastronomÃa e enoloxÃa
galegas que é coñecida popularmente como a app dos furanchos está a
sorprender pola súa boa aceptación, pois pese a estar destinada a un público
galego vén de colocarse no 6º posto das aplicacións de pagamento na tenda de
descargas de Apple, despois de grandes éxitos como WhatsApp, Bad Piggies (o
novo xogo dos creadores de Angry Birds)
ou o propio FIFA 13 e, evidentemente,
liderando a categorÃa de Comida y bebidas
da App Store.
Estamos ante todo un éxito sen precedentes en aplicacións móbiles de pagamento
galegas, moi difÃcil de replicar agás que esteamos ante ferramentas orientada a
un público máis amplo. Lembremos que Imos?
é unha guÃa social de enoloxÃa, gastronomÃa e tempo de lecer de Galicia na
que figuran centos de furanchos, tabernas, sitios de tapas, casas de comidas
onde poder gozar dun bo viño da casa e degustar comida da Terra ao longo de
toda a xeografÃa galega.
Imos? tamén facilÃtanos a
localización de 900 praias galegas e os puntos de información turÃstica da nosa
comunidade, que vai máis aló das plataformas tradicionais ao ligarse a Facebook
e Twitter, facilitando compartir cos nosos amigos e seguidores os establecementos
que descubramos a través desta aplicación móbil.
Os locais listados en Imos? inclúen
información detallada sobre a súa localización e fotografÃas subidas polos
demais usuarios, dos que tamén podemos consultar as súas valoracións e publicar
as nosas propias. Dende GalApps tamén animan aos usuarios a engadir sitios que
estean fóra de Galicia, pero que sirvan comida tradicional galega ou viño
caseiro.
A aplicación está dispoñible en galego, español e inglés, e tamén integra o
TradutorGalego.
- Imos? lidera actualmente a sección de Comida y bebidas da App Store