GalApps estrea unha guÃa social móbil de gastronomÃa e enoloxÃa galegas
mércores, 1 de agosto do 2012- Os establecementos listados en Imos? poden recibir valoracións por parte dos usuarios
Tras a boa acollida das aplicacións de balde de GalApps
(ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego) para Android e iOS, que
acumulan máis de 15.000 descargas, estes desenvolvedores galegos atrévense a
lanzar unha aplicación de pagamento, Imos?, que inicialmente está dispoñible para iPhone e
iPod Touch por un prezo de 0,79 euros, agardándose que en breve conte tamén
cunha versión para Android.
Esta nova ferramenta móbil é unha guÃa social de enoloxÃa, gastronomÃa e tempo
de lecer de Galicia na que figuran centos de furanchos, tabernas, sitios de
tapas, casas de comidas onde poder gozar dun bo viño da casa e degustar comida
da Terra ao longo de toda a xeografÃa galega.
Imos? tamén facilÃtanos a
localización de 900 praias galegas e os puntos de información turÃstica da nosa
comunidade, que vai máis aló das plataformas tradicionais ao ligarse a Facebook
e Twitter, facilitando compartir cos nosos amigos e seguidores os
establecementos que descubramos a través desta aplicación móbil.
Os locais listados en Imos? inclúen
información detallada sobre a súa localización e fotografÃas subidas polos
demais usuarios, dos que tamén podemos consultar as súas valoracións e publicar
as nosas propias. Dende GalApps tamén animan aos usuarios a engadir sitios que
estean fóra de Galicia, pero que sirvan comida tradicional galega ou viño
caseiro.
A aplicación está dispoñible en galego, español e inglés, e tamén integra o
TradutorGalego.
- Imos? estreou hoxe versión para iOS
- Imos? localiza no mapa sitios de interese nos que atopar comida galega e bo viño