A aula aberta Bertamiráns acollerá dous cursos de software libre

xoves, 30 de agosto do 2007

A aula aberta de Bertamiráns (Ames) acollerá ó longo do vindeiro mes dous obradoiros de software libre, segundo informa estes días a Consellería de Innovación. Os cursos, que van dirixidos a persoas maiores de idade con coñecementos básicas sobre novas tecnoloxías, desenvolveranse entre o 17 e o 28 de setembro (Iniciación ao procesador de textos) e entre o 18 e o 27 do mesmo mes (Obradoiro de Internet avanzado). Dende a aula aberta de Bertamiráns infórmase que se vai facer uso de ferramentas libres como o paquete ofimático OpenOffice ou o navegador Mozilla Firefox.
Podemos ver aquí o cartaz en pdf.

PUBLICIDADE