A banda larga móbil terá unha penetración do 50% en 2012

venres, 23 de maio do 2008

Un informe presentado pola consultora Arthur D. Little e Exane BNP Paribas conclúe que a banda larga móbil se vai converter no principal motor de crecemento dos ingresos ao longo de toda a cadea de valor (en accesibilidade, en equipos ou en servizos na Internet) que acadará unha penetración do 50% en 2012 e mesmo podería ameazar ao acceso fixo en países coma Portugal, Austria ou Suecia.
O informe sitúa o prezo medio que os clientes terán que pagar por estes servizos en 20 euros/mes, independentemente dos 22 euros/mes que por media se dedican a servizos de voz móbiles.

PUBLICIDADE