Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A canle galega Divulgare rexistrou 500.000 descargas e visitas dende 142 países
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A canle galega Divulgare rexistrou 500.000 descargas e visitas dende 142 países

Redacción
Publicado: 20/01/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_divulgare.jpgA canle de comunicación Divulgare, unha iniciativa do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución coordinada e impulsada polo profesor Luis Navarro, volve estar nos medios. A Universidade de Vigo vén de ofrecer unha completa reportaxe sobre os froitos recollidos ao longo dos seus cinco anos anos (xa) de vida. Divulgare, lembran, naceu en en xaneiro de 2009 “como un experimento co que se pretendía analizar a viabilidade de achegar a ciencia que se fai nos laboratorios á sociedade”. Un lustro despois os seus vídeos descargáronse máis de 500.000 veces e visitáronse desde 142 países.
Ademais, os responsables desta canle TIC contan xa co aval de ter recibido unha ducia de premios internacionais, tanto no ámbito da divulgación científica como en festivais de cine convencional. “Estamos moi orgullosos do enorme traballo que xeramos nestes anos e de ter sido quen de producir material en español, galego, inglés, portugués, éuscaro e incluso tailandés”, subliña Luis Navarro, que está acompañado neste proxecto polo profesor José Mª Sánchez e outra ducia de investigadores de procedencias tan diversas como Cuba, Colombia, Venezuela e Portugal. “Son o actual equipo de Divulgare, pero o certo é que temos colaboradores espallados por todo o mundo”, salienta Navarro na reportaxe da Universidade de Vigo, ao tempo que explica que neste tempo Divulgare leva publicados máis de 30 vídeos diferentes. Tamén salienta que tralo éxito desta canle tecnolóxica está o traballo conxunto de máis de 20 científicos “que se implicaron no proxecto de forma totalmente desinteresada”, pero tamén de varios artistas gráficos; de actores-dobradores que poñen voz aos vídeos e dos técnicos de son. Igualmente, fai saber que dende as orixes do proxecto tiveron claro que o seu ámbito natural de traballo ía ser Internet, unha plataforma na que os responsables de Divulgare din sentirse cómodos, e na optaron polo formato de vídeos curtos “xa que moi poucos internautas dedican máis de cinco minutos a un mesmo tema”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?