Para medir a influencia na Internet existen moitos métodos, entre os que destacou nos últimos anos o sistema de puntuación social establecido Klout, compañía que vén de ser adquirida por Lithium Technologies, un provedor de solucións corporativas para xestionar a súa presenza en redes sociais, por preto de 200 millóns de dólares segundo a segura Fortune. O acordo incluiría unha combinación de cartos en efectivo e accións de Lithium (compañía que está a preparar o seu salto ao mercado bolsista) agardándose que mañá mesmo poidamos coñecer os detalles da operación a través dunha rolda de prensa.
O mes pasado xa déramos conta desta operación, que segundo os rumores pecharíase en 100 millóns de dólares, polo que enténdese que daquela as negociacións estaban moi avanzadas, pero non pechadas.
A compra de Klout por parte de Lithium podería terse pechado por 200 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
