A domótica a debate na Universidade da Coruña
luns, 17 de novembro do 2008
A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña acollerá mañá martes, dÃa 18, unha conferencia sobre A Domótica como solución real. O acto, que terá lugar na Aula Magna da escola ás 17:00 horas, terá como relator ao técnico Superior de Instalacións Eléctricas, José Luis Sousa, e como colaboradores a Carlos GarcÃa e Ana Bascoy, comerciais de Simón, un grupo industrial formado por máis de 24 empresas e especializado en material eléctrico, iluminación, domótica, conexións para voz e datos, canalizacións e electrónica.