O selo galego Baía Edicións someteu á súa páxina web a unha serie de novas melloras, seguindo o obxectivo en boa medida xa materializado de facilitar ao máximo o camiño dos lectores cara ao seu catálogo. En dicimos “en boa medida xa materializado” porque a editorial, como detallamos na web de Código Cero, ofrece dende hai varios meses a posibilidade de facer virtualmente cos seus libros o mesmo que fariamos de atopalos nos andeis dunha libraría: abrilos e botarlles un ollo. Pois ben, a esta incorporación dun capítulo de cada un dos volumes de narrativa cumprirá engadir e, en breve, a posibilidade de ler, antes de mercalo, un anaco dos libros da colección Meiga Moura.
O obxectivo de Baía é tirar o máximo partido das vantaxes da Rede para promover os seus produtos ao tempo que se impulsa a participación dos máis pequenos. De feito, cómpre lembrar que a colección Meiga Moira vai dirixida ao público infantil-xuvenil, eido de lectoras/es onde leva anos colleitando un éxito tras outros.
Amais de todo isto, Baía Edicións pon a disposición das usuarias e usuarios da súa páxina web unha gran variedade de ofertas en varias coleccións: Carteira de valore, Quebracabezas, Pegacontos, As aventuras de Xulio Verne, Montacontos, Os dereitos do neno e da nena, Os contos educativos de Marcos e María, Mitoloxía Clásica na Galiza e os libros: Xadrez. Iniciacion, Guía das macroalgas de Galicia, Contaminación atmosférica de Galicia, A arca de Noé e Vides e viños de Galicia.
A editorial Baía amplía as posibilidades de previsualización dos seus libros
Compartir Este Artigo
