A editorial Grup 62 iníciase no libro dixital

mércores, 16 de setembro do 2009

A editorial catalá Grup 62 e o Institut Cambó iniciaron unha colección Bernat Metge de clásicos literarios en formato de libro electrónico co que inícianse no mercado dixital. As primeiras obras publicadas serán Tragèdies Tebanes de Sófocles e La Poesía Eròtica de Ovidio, e poderán adquirirse en formato EPUB, Mobipocket e PDF a través de distintas canles de vendas, coma El Corte Inglés ou Casa del Libro.

PUBLICIDADE