A empresa galega Unayta realiza a organización e descrición de 66 concellos de Castela
mércores, 1 de febreiro do 2023
A
compañÃa Unayta, con sede en Ames,
foi elixida pola Deputación de Valladolid para levar a cabo un
proceso de catalogación, organización e descrición dun total de 66
concellos da provincia, conseguindo mellorar asà a súa eficiencia
nas consultas. O traballo consistirá na execución, ao longo de
varios meses, de exhaustivos procesos de recollida documental nas
diversas dependencias e arquivos destes municipios, seguido dun
proceso de limpeza, identificación e clasificación destes.
Fontes
de Unayta lembran que non se trata dun desafÃo novo para o equipo
profesional da empresa, que ten unha ampla experiencia en procesos
semellantes en Galicia, traballos que lle serviron (como tamén lle
servirá o proxecto de Valladolid) para mostrar as enormes vantaxes
que ten o dispoñer dun arquivo municipal correctamente organizado
(permitindo ás administracións locais, unha vez finalizado
cadanseus proxectos, acceder á información que necesiten de forma
áxil e sinxela, reducindo enormemente os tempos de procura).
Estes
procesos, engade Unayta, posibilitan tamén sentar as bases necesarias
para que estes concellos estean preparados para dar o seguinte paso
na súa transición cara a un modelo de comunicación e interacción
libre de papeis, abrindo a porta para implementar solucións dixitais
máis complexas como un xestor documental, que permita acceder a
todos os documentos directamente desde a nube, ou un arquivo dixital,
que poña en valor todo o patrimonio cultural-histórico do concello
nunha plataforma online á que poida acceder todo o mundo.
Con
máis de dez anos de vida, Unayta é unha empresa de consultorÃa
especializada en proxectos de transformación dixital e oficina sen
papel. O seu persoal está integrado por un equipo de profesionais
novos de alto nivel, expertos en eidos de actuación como a análise
de datos, a consultorÃa ou a mercadotecnia dixital. A compañÃa
conta entre os seus clientes con grandes empresas nacionais de
sectores como a loxÃstica ou o sector alimentario, aos que axudou
nos seus respectivos procesos de transformación dixital.