Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma FirstV1sion achega tecnoloxía para poñernos nos ollos dos deportistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma FirstV1sion achega tecnoloxía para poñernos nos ollos dos deportistas

Redacción
Publicado: 04/08/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fv.jpgA nova firma de raizame española FirstV1sion, acelerada a través da iniciativa Telefónica Open Future, ten entre mans unha tecnoloxía que fai posible, en todo o senso da expresión, poñermos como espectadores de acontecementos deportivos nos ollos das e dos deportistas. A súa experiencia, precisamente, valeulle para ser a encargada de retransmitir en primicia (a través da canle Teledeporte) imaxes dos participantes no Campionato de España de Atletismo (Castelló, esta fin de semana). Non serán unhas imaxes calquera, senón que adoptarán, como dixemos, o punto de vista dos competidores. Veremos, polo tanto, o que elas e eles ven.
Isto será unha realidade grazas a unha tecnoloxía que capta e transmite a contorna que rodea ao deportista e que xunta unha cámara de alta definición instalada na roupa dos participantes cun sistema de transmisión RF profesional.
A concorrencia de FistsV1sion e a súa tecnoloxía no devandito Campionato veu dada por un acordo acadado coa Federación Española de Atletismo, “sendo a primeira vez na historia deste deporte que os espectadores poderán gozar dun punto de vista tan revolucionario”, informa Telefónica dende a súa palestra empresarial Telefónica Open Future, na que se integra, por certo, o centro galego de crowdworking Galicia Open Future, arestora mergullado no impulso sa súa segunda edición.
Segundo engade a compañía, este tipo de tecnoloxías non son estritamente novas (úsanse xa en Fórmula 1 ou en MotoGP), porén, a novidade estriba en que é a primeira vez que se aplican no ámbito do atletismo. Outro dos extras da experiencia é que achega imaxes de calidade profesional, co fin de que non fique detalle sen captar da actividade deportiva. FirstV1sion inclúe características adicionais como son os sensores biométricos que completan o deseño. As imaxes captadas pola cámara de FistV1sion estarán dispoñibles na maioría das disciplinas do campionato: velocidade, substitucións, valos, chimpos e lanzamentos. Os primeiros atletas en probar a nova camiseta durante os adestramentos foron Eduard Viles, o velocista de Mediona e actual plusmarquista español e 9º do mundo en 4x100m, e o aragonés Alberto Gavaldá, que foi medalla de prata nos mundiais xuvenís e campión de España de 200m. Tanto Viles como Gavaldá tirarán partido da tecnoloxía no Campionato de Castelló. Para quen queira afondar un pouco máis no alcance destas experiencias, dicir que xa hai accesible un vídeo explicativo no YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?