A galega Krasis presenta este venres en Madrid un proxecto editorial sobre a tecnoloxía de Microsoft

mércores, 14 de novembro do 2007

A empresa galega Krasis (con sede en Vigo) presenta este venres 16 nas instalacións de Microsoft en Madrid o seu proxecto editorial, Krasis Press. Segundo informa a firma da nosa terra, trátase da primeira editorial española especializada en tecnoloxía de Microsoft, apostando polos formatos tradicionais (ou sexa: en papel) e orientada a achegar claves para os profesionais sobre programación.
Sinalar que o acto de presentación celebrarase ás 11.00 horas. En breve daremos máis conta deste proxecto e dos seus autores, que xa foron recoñecido co titulo MVP (Most Valuable Professional) pola propia multinacional.

PUBLICIDADE