A galega Situm, finalista do Premio Pavillón de España de Red.es
venres, 28 de febreiro do 2025
Tras máis dunha década organizando o Pavillón de España en MWC Barcelona, Red.es pon en marcha por primeira vez o recoñecemento a unha das empresas coexpositoras. Nesta edición, ademais, o Premio Pavillón de España recoñece a contribución ao valor público. Estas distincións terán continuidade nas próximas edicións, estando vencelladas ao Pavillón de España en MWC e cada ano poñerán o foco en valores que contribúan a impulsar o posicionamento de España como motor da innovación e a transformación dixital. A listaxe de finalistas está formada pola galega Situm e por Libelim e Spika Tech.
Tres finalistas entre 50 candidatas
Das 50 pemes tecnolóxicas que integran o Pavillón de España nesta edición do congreso máis relevante da industria da conectividade e o sector dixital, o xurado seleccionou ás empresas Libelium, Situm e Spika Tech como as tres finalistas a este galardón, que se entregará durante a celebración do tradicional cóctel oficial do Pavillón de España o vindeiro luns 3 de marzo.
Situm, situada en Santiago de Compostela, ofrece unha solución completa de guiado en interiores que combina posicionamento preciso, navegación paso a paso e mapas 3D interactivos. A súa plataforma axuda aos usuarios para explorar facilmente contornas interiores complexos como hospitais, centros comerciais, aeroportos e edificios corporativos, proporcionando ás empresas ferramentas para mellorar a experiencia de usuario.
Situm Technologies S.L. é unha spin-off do Centro de TecnoloxÃa Avanzada da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), fundada en 2013. A empresa é sinónimo de mapas de interiores, localización e navegación coa máxima precisión para os usuario móbiles, a infraestrutura mÃnima e o menor tempo de implementación. Os seus fundadores, doutores en enxeñarÃa, uniron os seus esforzos para lograr os mellores emprazamento e localización en interiores de alta precisión para smartphones, sen a necesidade de instalar ou investir en hardware adicional.
Situada en Zaragoza, Libelium desenvolve solucións intelixentes destinadas a impulsar a sustentabilidade, a produtividade e a datocratización en empresas e cidades en máis de 120 paÃses de todo o mundo. Posicionouse con éxito en Europa, Asia, América Central e do Norte e Arabia Saudita. Traballan baixo a premisa de que os datos son a nova linguaxe de comunicación entre a administración pública, as empresas privadas e os cidadáns.
Por último, Spika Tech, situada en Madrid, está especializada na creación de solucións de software innovadoras e investigación en algoritmos e a mellora da usabilidade e accesibilidade, operando principalmente en tres liñas de traballo: saúde, robótica e defensa. O seu obxectivo é seguir investigando e fomentando o uso da Intelixencia Artificial, a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, e a Robótica.
O xurado, composto por representantes técnicos da Dirección de Servizos Públicos de Red.es e da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), tivo en conta factores como a súa contribución á mellora da xestión e operativa interna da Administración Pública, o impacto que tiveron nos usuarios en termos de calidade, accesibilidade e inclusión e a innovación das solucións tecnolóxicas presentadas ao concurso.
Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación dixital e da Función Pública a través da SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, organiza por décimo terceiro ano o Pavillón de España en MWC Barcelona, renovando o seu compromiso institucional co impulso das pemes tecnolóxicas españolas.
O número de empresas expositoras incrementouse en máis un 11% respecto á pasada edición, alcanzando as 50 pemes, que poderán gozar dun servizo chave en man concibido para incrementar as súas oportunidades de negocio e aumentar a súa visibilidade nunha superficie de 1.197,5 metros cadrados, máis de 250 metros cadros máis que a edición anterior.
Ademais de dispoñer dun stand personalizado para expoñer os seus produtos e servizos, terán acceso a outros espazos como a área de networking e salas de reunións e a múltiples servizos como a participación na axenda oficial de programa de conferencias que este ano contará con máis de 50 paneis, 7 mesas redondas, 11 sesións con delegacións internacionais e 2 sectoriais; a visita personalizada de máis dunha decena de delegacións internacionais, asà como a participación en podcast, entre outras.