A guerra contra o fútbol pirata chega aos provedores de VPN
martes, 17 de febreiro do 2026
Durante as principais retransmisións de encontros futbolÃsticos boa parte da Internet experimenta problemas polos bloqueos masivos que ordenan dende LaLiga prexudicando a millóns de usuarios, mentres que moitos dos que realmente están a acceder a retransmisións ilegais de fútbol saltan os bloqueos mediante o uso de conexións VPN, o que pode pasar a ser cousa do pasado, xa que a Sección do Mercantil do Tribunal de Instancia de Córdoba acordou o bloqueo temporal dos servizos Proton e NordVPN durante a emisión dos partidos de fútbol, tras unha denuncia presentada por LaLiga e Telefónica.
O tribunal andaluz ditou resolucións de obrigado cumprimento para paralizar a actividade destes dous servizos internacionais mentres se celebren os encontros. Trátase da primeira acción xudicial dinámica en Europa dirixida especificamente contra a difusión de contidos ilÃcitos mediante VPN, unha tecnoloxÃa concibida inicialmente para reforzar a privacidade e a seguridade en liña, pero que tamén pode empregarse para vulnerar dereitos audiovisuais.
Co obxectivo de garantir a eficacia da medida, o xulgado remitiu a documentación xudicial traducida ao francés e ao inglés ás dúas compañÃas, co fin de que adopten as actuacións necesarias para impedir o uso indebido das súas plataformas durante as retransmisións deportivas.
Nesta ocasión estamos ante un bloqueo que claramente excede todos os lÃmites marcados anteriormente, pois resulta evidente que impedir o uso dun servizo de VPN durante unha retransmisión deportiva supón un claro prexuÃzo para os usuarios habituais deste tipo de tecnoloxÃa, que normalmente se empregan para usos que nada teñen que ver co consumo de contidos deportivos, dando a impresión de que os xulgados están a ditar resolucións que ignoran dereitos fundamentais para beneficiar intereses privados.
ACTUALIZACIÓN: LaLiga fixo pública unha nova informativa sobre os autos contra NordVPN e ProtonVPN, indicando que ambas compañÃas «deben implementar de xeito inmediato nos seus sistemas internos medidas oportunas para posibilitar que os enderezos IP achegados polas demandantes (LaLiga e Telefónica), nos que se ten constatada a emisión ilegal de contido audiovisual protexido, resulten inaccesibles dende España». Queda agora agardar pola resposta das compañÃas que ofrecen servizos de VPN, que previsiblemente amosarán a súa oposición ás medidas cautelares.
