Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora Mónica Portela, mellor traxectoria académica en Telecomunicación a nivel estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora Mónica Portela, mellor traxectoria académica en Telecomunicación a nivel estatal

Redacción
Publicado: 09/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_monica_portela.jpgA enxeñeira galega Mónica Portela vén de ser galardoada co Premio Astellia á Mellor Traxectoria Académica en Enxeñaría de Telecomunicación, recoñecemento concedido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (España) e pola Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación. Segundo fai saber a Universidade de Vigo, onde Portela é investigadora (no Grupo de Sistemas de Radio), estamos perante un galardón concedido a nivel estatal que recoñece o traballo realizado pola enxeñeira durante os seus anos de carreira. Sobre o significado deste premio, Mónica sinala que se trata de algo positivo pero láiase de que “moita xente non se presente a estas convocatorias por descoñecemento”. Segundo recorda, o premio ten unha dotación económica de 1.000 euros.
Porén, este que lle acaban de conceder non é o primeiro premio que recoñece o seu esforzo académico. Segundo lembra a Universidade de Vigo, foi distinguida co Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia en 2013 pola enxeñaría técnica (este novo galardón corresponde á enxeñaría superior). Como dixemos, Mónica traballa a día de hoxe no Grupo de Sistemas Radio. Está ligada á vertente de I+D do proxecto Táctica do centro de investigación AtlantTIC, “potenciando o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia arredor da EE de Telecomunicación”.
Sinalar que a devandita convocatoria de premios abrangue os galardóns ás mellores traxectorias académicas, as distincións aos mellores proxectos fin de carreira e de mestrado e os recoñecementos ás mellores teses de doutoramento… en total 33 distincións. Na modalidade de traxectoria outorgáronse nove premios, incluíndo a da enxeñeira viguesa, das cales sete corresponden a homes e dúas a mulleres, todos eles estudantes de universidades públicas do estado.
Os galardóns contan co patrocinio de empresas ou entidades en cada unha das súas modalidades, e un destes respaldos é o do centro de investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación AtlantTIC, impulsado por la Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?