A investigadora do CITIC Susana Ladra, finalista nos MSCA 2018
xoves, 27 de setembro do 2018
Susana
Ladra, investigadora principal do proxecto BIRDS (liderado polo
centro CITIC da Universidade da Coruña), foi
seleccionada como finalista nos Premios Marie Sklodowska-Curie
Actions MSCA 2018, que gratifica aos investigadores máis
prometedores entre os financiados cunha MSCA, e é outorgado pola
Presidencia AustrÃaca do Consello da Unión Europea. Como
lembraremos, o proxecto internacional BIRDS (Bioinformatics
and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design)
está liderado por investigadoras e investigadores da área de
Ciencias de Datos e Información do CITIC.
Está
financiado pola acción
Marie Sklodowska-Curie (RISE) de intercambio de persoal de
investigación e innovación pertencente ao programa de financiamento
de I+D da UE Horizonte 2020 (proxecto con referencia 690941). No
proxecto, ademais da UDC, participan universidades de Finlandia,
Xapón, Australia, Chile e Portugal. BIRDS xorde da necesidade de
mellorar o procesamento de grandes volumes de datos existentes en
diferentes eidos de aplicación como a bioinformática ou a
recuperación de información.
Polo
que se refire ao papel xogado por Susana Ladra no dito certame,
presentouse na categorÃa Bridging (career) paths, que premia
aos receptores dunha MSCA con habilidades como mentalidade
emprendedora ou vencello intersectorial, dada a colaboración do
proxecto BIRDS coa empresa e a súa intención de realizar
transferencia de coñecemento efectiva.
Segundo
informa o centro coruñés, para optar ao premio, ademais duns CV,
era necesario presentar un vÃdeo sobre o proxecto, que foi realizado
polos servizos audiovisuais da UDC en colaboración co CITIC. O dez
vÃdeos finalistas serán presentados durante a Conferencia MSCA
2018, que terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro en Viena
(Austria), e serán os asistentes á conferencia quen escollerán os
proxectos gañadores.