A lexislación europea podería levar a Apple a redeseñar os seus iPod e iPhone
martes, 7 de outubro do 2008
Unha directiva
europea que regula as baterías recargables dos dispositivos electrónicos (que
deberían ser extraíbles) podería
forzar a Apple a modificar o deseño dos seus reprodutores multimedia e mesmo do
iPhone (que foi moi criticado por ese detalle).
A directiva comunitaria aínda non foi ratificada, polo que Apple podería
procurar algunha modificación ou excepción na mesma, xa que a
compañía xa facilita de balde a reciclaxe dos seus vellos dispositivos.
