A meirande parte das Nintendo Wii úsanse pouco

xoves, 18 de outubro do 2007

A revista nipona Famitsu publicou un estudo no que se sostén que o 67% dos usuarios da Nintendo Wii non a empregan frecuentemente, o que contrasta co feito de que segue a ser a consola de nova xeración máis vendida (con moita diferenza), aínda que iso confirmaría o feito de que o xogo Wii Sports (o que vén coa consola) continúe a ser o máis vendido.
Parece que Nintendo ten que traballar duro para reavivar o mercado, e se agarda que entre Wii Fit e os novos xogos de Mario (Super Mario Galaxy e Super Mario Kart) lle dean o combustible que precisa para manterse líder na carreira por facerse co dominio do mercado doméstico de videoconsolas.

PUBLICIDADE