Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A necesidade de garantir unha cultura libre, eixo da xornada de hoxe do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A necesidade de garantir unha cultura libre, eixo da xornada de hoxe do CCG

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_comunicacion_cultura.jpgHoxe estase a celebrar en Santiago unha cita de gran interese para os nosos profesionais do xornalismo e da cultura. En parte polo coñecemento achegado e polos debates a múltiples bandas que se xeran arredor do presente e futuro da comunicación, en parte polo espírito crítico e independente que preside o transcurso dos relatorios e mesas redondas. Falamos da xornada Cultura e comunicación na Europa do século XXI, evento organizado polo Consello da Cultura Galega (na súa sede) co obxectivo de desvelar as oportunidades a eivas do subministro de información asociado ás novas canles e tecnoloxías. Xosé López, Xosé Rúas e Manuel Gago son os coordinadores dun encontro no que se falou, e moito, de como se debe tratar o coñecemento para garantir a máxima liberdade. Neste ámbito moveuse precisamente o galego Víctor Sampedro (catedrático de Xornalismo), autor do libro O cuarto poder na Rede, que foi tamén o título do seu relatorio.
A xuízo do profesor Sampedro, a cultura ou é aberta e participativa ou non serve. O relator puxo no seu punto de mira múltiples elementos e servizos da comunicación e da industria actual do coñecemento, incluída a rede social Facebook, coa que foi especialmente crítico, cualificándoa de comunidade ao servizo do espírito “acomodaticio e consensual”, xa que, comentou, dende o principio quedou claro que só ía achegar dúas opcións para os seus integrantes acerca da opinión que lles mereceran os contidos que tivesen diante: ou “gústame” ou silencio.
Ao xuízo do profesor, pechar o coñecemento é un novo xeito de privatizar, de poñer a riqueza en poucas mans, de facer negocio cun ben universal. “Isto é o que fai Facebook con todos vostedes, non se enganen”, apuntou aos integrantes do público reunido na xornada, subliñando a idoneidade da expresión “granxas de datos” cando os críticos coa dita rede social definen cada sitio persoal acubillado na mesma. “O negocio da información, a capitalización da mesma”, engadiu, “non expulsa ao fraudulento ou ao mentireiro do seu seo, a diferenza do que acontecería nunha sociedade de cultura libre e participativa”. Estas son as consecuencias, explicou, dunha corrente produtiva que se estende imparable: o capitalismo cognitivo, unha tendencia na que se moven comodamente profesionais como os chamados community managers, responsables de comunicades en liña, que son, dixo, “pastores de ovellas dixitais que conducen á xente directamente a pacer onde eles queren que estean: mercando os produtos e os servizos que eles representan e nos que teñen intereses”.
Volvendo á programación da xornada Cultura e comunicación na Europa do século XXI sinalar que se desenvolve en horario de mañá e tarde. A sesión da mañá centrouse na transformación que as novas tecnoloxías permiten para a difusión cultural. Carlo Sorrentino (profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais e Comunicación, da Università di Firenze), analizou a influencia de Internet na definición da nosa identidade cultural e Marty McCarthy amosou a difusión cultural da National Sculpture Factory de Cork.
A sesión da tarde terá un carácter máis práctico e nela responsables de publicacións achegarannos o seu punto de vista sobre a situación actual. Blanca Berasátegui (directora de El Cultural), exporá a evolución da cultura en España nos últimos vinte anos. Na mesa de Experiencias de comunicación cultural estará Carles A. Foguet, un dos fundadores da revista Jot Down, e Marta Peirano, responsable de cultura de eldiario.es, quen abranguerá temas como Open Access, Creative Commons e cultura. O programa complétase cunha mesa redonda sobre A comunicación desde os centros e entidades culturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?